RUEDA PARTICIPA NA XUNTANZA MENSUAL DO GRUPO MUNICIPAL COS MILITANTES E SIMPATIZANTES

O presidente provincial  Alfonso Rueda visitou Cangas so pasado xoves acompañado polo secretario xeral Jose Manuel Cores Tourís.

Rueda e Cores Tourís participaron na xuntanza do grupo municipal cos militantes e simpatizantes na sede local do partido. No acto analizaronse os resultados electorais das últimas citas electorais e os desafíos futuros aos que terá que facer fronte a formación nos próximos anos. Tamén abordáronse asuntos de actualidade municipal entre os que destacou a campaña en contra do bloqueo do alcalde de Vigo Abel Caballero á efectiva inclusión do Vitrasa no Transporte Metropolitano. “Temos que explicar aos cangueses que están pagando de máis porque o señor Caballero non cumpre o convenio que firmou no mes de xullo” explicou o líder dos populare pontevedreses. “Temos que dar a cara e defender os dereitos dos 10.000 cangueses usuarios do Transporte Metropolitano fronte a tasa Cabellero” engadiu o líder dos populares cangueses J. E. Sotelo, a vez que denunciou a seguidismo do alcalde de Cangas ás tesis do rexedor vigués.