CORDEIRO DENUNCIA QUE A GAIOLA DE LANZAMENTO DAS PISTAS DE ATLETISMO SEGUE SEN REPARAR (UN ANO DESPOIS)

Estamos de acordo en premiar os esforzos dos nosos deportistas durante todo un ano de traballo, nun acto público recoñecido por todos. No que non estamos tan de acordo é en manter a actitude hipócrita do equipo de goberno de Cangas recoñecéndoo, por un lado, na Gala do Deporte, e negando, por outro, a posibilidade de poder practicalo dunha maneira normalizada poñendo a súa disposición o material necesario.

Todo isto ven a que fai un ano, aproximadamente, debido ao mal tempo rompeu, e non se pode usar, a gaiola destinada á práctica de lanzamentos de martelo e disco nas pistas de atletismo e dende entón segue igual.

Fai tres meses, aprobouse nun Pleno Municipal, cos votos favorables de toda a corporación, a moción do Partido Popular para a súa reparación; e a día de hoxe non se fixo absolutamente nada.

Xa se están celebrando competicións para control de marcas, este mundo coñéceo perfectamente o concelleiro delegado, e os nosos deportistas non poden adestrar en debidas condicións grazas a inactividade de quen nos goberna que pasa demasiado tempo resolvendo problemas internos e ningún en solucionar os dos demais.

8. Alba Cordeiro Magdaleno. 50 anos. Diplomada en Maxisterio. Técnico Educativo. Veciña de Balea, Darbo.

Alba Cordeiro, concelleira do PP de Cangas.