O PP PREGUNTA AO GOBERNO SOBRE A SITUACIÓN DA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE

O grupo municipal do PP de Cangas presentou unha serie de preguntas ao goberno local a través do seu voceiro J. E. Sotelo para coñecer cal é a situación da concelleira de Medio Ambiente, Tania Castro condeada o ano pasado a idemnizar a un ex-empregado dun negocio que diríxa por incumplir a lexislación vixente en materia laboral (non telo de alta na Seguridade Social e non aboar a remuneración correspondente ás horas traballadas segundo establece a propia sentenza que non foi recurrida pola interesada).

Os populares queren coñecer dende cando sabía esta situación (a primeira referencia nos medios foi no mes de outubro, sen embargo non tivo maior repercusión mediática ata este mes de xaneiro cando foi recollida a noticia por un medio dixital de ámbito nacional). Tamén queren saber se dende a alcaldía foi realizada alguna xestión para que a citada concelleira abandone a corporación (como xa foi requerida por membros do seu propio grupo municipal) e se no caso de que a edil decida non dimitir, se pensa cesala como membro do goberno local.