PAZOS APOIA A CABALLERO CON MENTIRAS

Unha vez mais, e seguramente non será a última. o PP de Cangas quere denunciar a actitude de sometemento do Alcalde de Cangas aos intereses políticos do Sr.Caballero.

É unha humillación que quen ten a obriga de defender os máis de 10.000 usuarios da TMG  veciños/as de Cangas alíese con quen está buscando un argumento ficticio para enfrentarse coa Xunta. Cómo é posible que quen pretende ser Pte. dun organismo discrimina aos cidadáns en función do seu empadroamento? É ilegal.

Que pasaría en Cangas se os alumnos do Conservatorio, ou os usuarios da Unidade de Drogodependencia que non foran de Cangas, por poñer exemplos, non foran admitidos? Sería ilegal.

Pois neste caso aínda é mais grave, hai unha Lei aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia onde se dí que o acceso o TMG será en igualdade de condicións para tódolos habitantes da A.M. e por riba existe un convenio asinado polo Sr.Caballero a Consellería de Infraestructuras e un reresentante de Vitrasa.

O sr.Caballero pedía que a Xunta recurrira o contencioso, e agora que a Xunta presenta o contecioso resulta que eso é atacar a Vigo.

O PP de Cangas entende que eso é defender en igualdade de condicións os intereses de tódolos galegos, e tamén os dos cangueses/as que non son defendidos polo Sr. Alcalde de Cangas, que minte máis que fala. Cómo é posible que diga que ten medo a que se perda o conseguido? Onde están os viaxes gratis do Vitrasa? Qué se pode perder? O que temos neste momento é grazas o 80% que aporta a Xunta e o 20% do Concello de Cangas, que por certo, cando se aprobou non foi co voto favorable do Sr. Pazos e Cía.

Qué pasaría si os usuarios de Vigo que veñen a Cangas é que son bonificados grazas as aportacións dos cangueses/as se lle impedira o acceso coa TMG no barco ou no bus? Pois que sería ilegal.

Pois eso é o que está a facer o Sr. Caballero coa complicidade entre outros do palmero mintireiro Sr.Pazos, Alcalde de Cangas por accidente .

Desde o PP de Cangas seguiremos traballando para que se cumpra o asinado, e tamén xestionar e buscarlle solución aos problemas dos nosos veciños/as que este desgoberno sectario non é capaz por incapacidade e poucas ganas de traballar. Moitos anuncios nos medios de comunicación é pouco traballo esta é a realidade de Cangas .

Área Metropolitana sí, pero non así.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.

J. E. Sotelo, pte. e voceiro do PP de Cangas.