O PP PREGUNTA POLA PARTICIPACIÓN DE CANGAS EN FITUR

O grupo municipal do PP de Cangas presentou unha serie de preguntas dirixidas ao goberno local para coñecer a participación de Cangas na última edición de FITUR que comezou o pasado 18 de xaneiro.

Os populares sinalan que tratase dunha das ferias de turismo máis importantes a nivel mundial e que ata agora a vila sempre estivo representada “en maior ou en menor medida” neste evento.

“A día de hoxe descoñecemos se Cangas estivo representada dalgún xeito e en que forma” destacan, ” e en caso de non ser así tampoco coñecemos os motivos da ausencia” engaden.

Para a formación o turismo é un dos pilares económicos da vila, tendo un papel moi relevante na creación de emprego, sobre todo nos meses de verán. “Por iso resulta moi importante contar coa maior e mellor promoción turística da nosa vila en citas como está que servan para atraer a turistas non só de toda España senón que tamén estranxeiros” rematan.