O PP DENUNCIA A PRESENTACIÓN ILEGAL DA FACTURA DA GAIOLA DE LANZAMENTO POLO TRIPARTITO

Os populares solicitaron un informe ao interventor municipal, despois de que o funcionario explicase que a operación de recoñecer unha factura por un ben que aínda non foi entregado era unha falta grave e ilegal polo que a factura foi finalmente retirada.

Este luns tivo lugar no salón de plenos do Concello a Comisión Única previa ao pleno que celebrarase o vindeiro venres ás 20.00 horas. Nela presentáronse unha serie de facturas como recoñecementos extraxudiciais de crédito entre as cales había unha de máis de 16.000 euros que segundo explicou o concelleiro de Deportes Xoan Chillón en resposta as preguntas da edil popular Loli Hermelo correspondía a adquisición dunha nova gaiola de lanzamento para as pistas de atletismo (a cal leva rota un ano).

Esta mesma semana o grupo municipal do PP denunciou o retraso do goberno tripartito na solución deste problema nunha das principais instalacións deportivas de Cangas polo que preguntaron onde estaba a gaiola (xa que non estaba nas pistas), ao que o edil de Deportes respondeu que estaba “de camiño”. Inmediatamente despois os edís preguntaron ao interventor municipal sobre o proceder do goberno e segundo explicou o funcionario o Concello non pode recoñecer unha factura dun ben que aínda non foi entregado, polo que a actuación do goberno local era ilegal. Dada a gavidade dos feitos o grupo municipal do PP solicitou que constase en acta o acontecido así como un informe á intervención municipal sobre este asunto.

“O proceder do tripartito é moi grave” sinalan dende a formación, “como se explica que algúns proveedores teñan que esperar días ou semanas despois de entregar os bens o de realizar os servizos para o Concello e se pretenda que outros (como neste caso) podan gozar do luxo de cobrar por adiantado” engaden, “sendo esto último absolutamente ilegal” recalcan.

Finalmente, e visto o manifestado polo interventor, o tripartito decidiu retirar a factura do recoñecemento extraxudicial de crédito.