MÁIS DE 100.000 EUROS DE DESFASE NAS CONTAS DAS FESTAS DO CRISTO

O Partido Popular de Cangas presentou a pasada semana unha serie de preguntas por rexistro para que o goberno tripartito expliqué as contas das Festas do Cristo do 2016 despois de que nun informe de intervención se amosase un importante desfase entre os ingresos e os gastos que a día de hoxe sitúase ao redor dos 80.000 euros (según as contas oficiais) e que os populares defenden que superara os 100.000 euros xa que detectaron gastos vinculados as festas grandes de Cangas imputados noutras partidas.

A formación pide ao goberno local unha relación nominal de ingresos e gastos na que se desglose, nome da empresa emisora, importe, data de emisión da factura, data de pago e partida á que si imputa o gasto). Tamén solicitan unha certificación da partida inicial do orzamento para as Festas do Cristo e unha certificación a data do 31/12/16 coa cantidade definitiva á que terá que facer fronte o Concello de Cangas polas Festas de 2016.

“O certo e que estamos ante o maior desfase rexistrado nunca nos orzamentos das Festas” afirma o presidente local do PP Jose Enrique Sotelo, “para unhas festas cutres e indignas para un pobo de máis de 26.000 habitantes” remata.