O PP PIDE QUE SE TOMEN MEDIDAS PARA EVITAR A PERDA DE AREA EN RODEIRA

No ano 2015 presentouse diante da Xefatura Provincial de Costas o proxecto para evitar esta situación sen que ata agora se tivera constacia de que se tomara algunha medida para poñer algunha solución a este problema que se presenta ano tras ano.

Periodicamente a praia de Rodeira sufre debido aos temporais unha importante perda de area que se acumula no aparcadoiro do entorno da Casa da Cultura, paseo e mesmo como sucedeu nas pasadas xornadas, cruza a estrada principal PO-551. A parte do evidente dano ambiental que se produce, dende o grupo municipal do PP de Cangas entenden que tamén se pon en perigo a seguridade viaria en dito tramo que aínda presenta acumulación de area en varios puntos dos últimos temporais.

No ano 2015 presentouse diante da Xefatura Provincial de Costas o proxecto para evitar esta situación sen que ata agora se tivera constacia de que se tomara algunha medida para poñer algunha solución a este problema que se presenta ano tras ano.

Os populares presentaron unha moción para que Concello e Costas se coordinen e elaboren un proxecto para evitar a pérdida de area que sofre a praia urbana de Rodeira a consecuencia dos temporais.

 

AparcamientoRodeira