O PP PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA RETOMAR O PROXECTO DO MUSEO DO MAR BERNARDINO GRAÑA

Na pasada lexislatura houbo distintas iniciativas para recoñecer a figura de Bernardino Graña, insigne poeta nado en Cangas que nas súas obras tantas veces cantou ao Mar, a Cangas e os seus mariñeiros (Oda aos mariñeiros de Cangas, Mar, Febre no Mar, Sempre Mar, Lázaro Mariñeiro, Emigrantes no Mar ou Mariñeiro de Cangas entre outras…). Propostas saídas da oposición de entón, hoxe goberno de Cangas, que foron aprobadas no seu momento co respaldo unánime de todas as formacións políticas da Corporación.

Nas iniciativas contemblabase dende crear unha Fundación ata recuperar a nave de Córdoba, antiga fábrica de caixas de madeira. Así, no 2014 tramitouse ante a Dirección Xeral de Costas a solicitude de desafección da citada nave mediante un anteproxecto do arquitecto César Portela denominado “Museo do Mar de Cangas Bernardino Graña.

“Entendíamos nese momento e continuamos defendendo que o conxunto edificatorio coñecido como ‘As Naves de Ojea’, constitúen un feito urbanístico-arquitectónico singular e de suma importancia para a vila de Cangas pola súa situación, escala, tipoloxía e o seu significado. A data de hoxe só temos constacia da autorización para o uso en precario por parte do Concello da citada nave” explica Jose Enrique Sotelo, líder dos populares.

A moción presentada polo PP de Cangas insta ao goberno municipal a que acade un acordo definitivo coa D. X. de Costas para poder levar a cabo  proxecto de César Portela así como reservar fondos do Plan Concellos do presente exercicio para iniciar a execución da obra.

OJEA

Naves de Ojea na actualidade.