SOTELO: “O SR. PAZOS AGOCHA EN TITULARES A SÚA INCOMPETENCIA”

Os populares responden a Pazos que intenta agochar con titulares a súa propia incapacidade de gobernar e poñer en marcha solucións aos problemas municipais.
O PP de Cangas saiu o paso das críticas realizadas en prensa polo alcalde de Cangas Xose Manuel Pazos contra o Conselleiro de Sanidade. O presidente local da formación José Enrique Sotelo censurou as declaracións do rexedor que denunciaba que aínda non tivo ocasión de reunirse co conselleiro pese a telo solicitado, “na  ansia de querer xustificar a súa incapacidade de xestión o sr.Pazos confunde o rexistro de saída do Concello cos anuncios nos medios de comunicación” ironizou. “A profunda preocupación que ten pola sanidade é de boquilla, pois para él e a súa formación política, canto peor para o cangueses entenden que é mellor para eles” engadiu Sotelo que reprochou a falta de diálogo por parte do actual goberno de coalición, “o único que fan é facer críticas estériles co único obxectivo de protagonizar titulares en prensa e calmar aos seus acólitos”, moi lonxe do que entenden que debe ser unha actitude constructiva e de colaboración entre ambas administracións na posta en marcha de solucións.
“O Sr.Pazos en 2 anos gastando o que Cangas non ten, foi incapaz de abordar algúns dos moitos problemas que Cangas ten” denunciou o edil, “criticaba cando era oposición as subvencións que se buscaban noutras Administracións e resulta que o que fixeron ata agora foi cos cartos da Deputación para executar os proxectos que o PP deixou feitos” sinalou. “É unha vergoña que a data de hoxe non estén executados nin o 30% cando xa tiñan que ter os proxectos do ano 2017″ apostillou.
Sumar dende a oposición
“No PP estamos seguros que a pesar do lastre que representa para Cangas e a sanidade o Sr.Pazos e determinadas plataformas con camiseta, neste momento que estamos na oposicion municipal, con traballo e compromiso seremos quen de buscar solucións aos problemas sanitarios que Cangas ten” afirmou Sotelo a vez que aproveitou para afear a actitude do alcalde no relativo a Área Metropolitana, asunto no que os populares amósanse moi críticos, “cando se reúna co presidente da Xunta de Galicia podería aproveitar para explicar, a ver si él o entende xa que os veciños de Cangas non somos capaces, a súa actitude de sumisión o sr.Caballero e o chiringuito da mal parida Área Metropolitana” rematou.
Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.

Sotelo nunha rolda de prensa na sede da Deputación de Pontevedra.