MILLÁN CRITICA A PROPOSTA DE NOVO REGLAMENTO MUNICIPAL

 

“Non ten sentido que se establezca o mesmo límite de mocións a un grupo dun só concelleiro que a un de oito” explica o edil popular.
Recentemente se fixo entrega da proposta de novo regulamento de organización municipal por parte do tripartito aos diferentes grupos da oposición. Dende o PP de Cangas sinalaron o feito que no documento presentado establécese que calquera grupo político pode presentar un máximo de dúas mocións ao debate plenario. “Nos últimos meses varios concellos e deputacións están facendo o mesmo proceso de modificacions dos seus regulamentos orgánicos e neste punto contemplan a proporcionalidade como elemento determinante a hora de establecer o máximo de mocións  a presentar por cada partido” explicou o concelleiro do PP Pío Millán. “En concreto na Deputación de Pontevedra acordaron que o Partido  Popular pode presentar 3 mocións e os de máis grupos unha moción, e hai que lembrar que nesta administración está gobernando un bipartito PSOE-BNG” enfatizou.
“Non podemos aceptar que en Cangas o grupo municipal  do Partido  Popular  poida presentar as mesmas mocións  que os de máis grupos políticos  cando temos o doble de concelleiros que o segundo grupo máis votado” engadiu, “polo que esiximos que se establezca a proporcionalidade representativa da corporación no reparto de mocións  a presentar, como se está  facendo noutras administracións locais” declarou.  “Non queremos pensar que sexa un intento de silenciar o partido mayoritario da corporación por parte do goberno de Cangas,  os mesmos que presumen de transparencia en democracia” ironizou o dirixente popular.
Uso sectario das RR.SS
Por otra banda dende o grupo municipal do Partido Popular de Cangas tamén puseron de manifesto o feito que dende o perfil institucional de twitter do Concello se siga os perfís nesta rede social de todos os partidos con presencia na corporación salvo o do PP de Cangas. “Este non deixa de ser un exemplo máis de intolerancia e falta de pluralidade do actual goberno de Cangas” afirman, “polo que solicitamos que se active no perfil institucional o seguimiento do perfil do Partido Popular de Cangas así como abandoar esa aptitude sectaria” rematan.
Pío Millán
Pío Millán, concelleiro do PP de Cangas.