GRAÑA PIDE EXPLICACIÓNS AO TRIPARTITO POLA XESTIÓN DAS FESTAS DO CRISTO

Pasado xa máis de medio ano da celebración das Festas do Cristo do 2016,lonxe de esclarecer a situación de escuridade na xestión das mesmas,agora se lles pon a guinda con o coñecemento do informe do Interventor. Este arroxa un desfase de 100.000€ entre ingresos e gastos, ademais de reflexar que aínda hai 27.000€ sen cobrar.

Todo isto se suma as acusacións de Aspun ao concelleiro de Cultura, e as do propio concelleiro a seus colegas de pacto. Tamén reseñar a mediación do Alcalde que por a mañá deulle a razón o concelleiro, para pola tarde dicirlle que se confundía; con o criterio e fundamento típico deste alcalde.

Tras o informe do Interventor, faise imprescindible algo que xa estaba reclamado e, ademais, hai unha moción presentada por este concelleiro no Pleno de Outubro e aprobada por UNANIMIDADE, que é a presentación dun informe que aclare perfectamente a xestión das anteditas Festas. Ante a falta de respostas a moción presentada polo noso Grupo Municipal referinte as acusacións entre membros do Goberno Municipal, e tal como expresamos en dito Pleno (no que tamén presentamos diversas preguntas) está máis que claro que as acusacións duns e outros non poden ser certas, xa que se contradín e non se poden dar as situacións reflectidas tal e cómo indican ASPUN e o Sr. Mera.

As preguntas é o informe deben explicar perfectamente a realidade das situacións referidas, co fin de que a cidadanía de Cangas saiba de xeito claro é diáfano como se xestionaron as Festas.

Tamén o informe da Secretaría(se adxunta arquivo) fai referencia as recomendacións, non cumpridas,de que os expedientes de contratación se tramiten por procedemento aberto; tamén recalca que en canto os contratos menores se efectúe unha petición de polo menos tres ofertas, o cál tampouco se fixo. A escusa de falta de tempo é unha “infantilada” pois as datas das Festa son ben coñecidas con antelación.

Lembrando algunha das acusacións de Aspun como; “forman parte de un goberno tripartito comprometido coa transparencia, coa legalidade e coa igualdade no trato y que estes principios no se respectaron en la xestión de las festas;devolven al goberno local “ao tempo da caverna, das festas opacas, escuras e de recadacións que non se poden contrastar. Son un paso atrás na historia. Gobernar é mollarse e esta non é a xestión dun goberno aberto”.

Está máis que claro que estas sospeitas para nada foron aclaradas ,mais ben o contrario con o informe do Interventor. Esperamos que de eses pos non veñan os lodos que agora representa a xestión das Festas.

Por todo argumentado anteriormente, o noso Grupo Municipal volve a requirir o informe onde se explique a cidadanía de Cangas todo o relativo a xestión das Festas do Cristo e a resposta as preguntas presentadas. Este goberno tripartido que presume de transparencia e de xestión asemblearia ten moito que explicar.Non só vale predicar si no que hai que facelo realidade.

foto Jesús

Jesús Graña, concelleiro do PP.