O PP DE CANGAS DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DO KENIATA

Os populares destacan o mal estado destas instalacións deportivas e instan ao tripartito a tomar medidas de forma urxente xa que está ameazada o mantemento do keniata a próxima tempada.

O grupo municipal do PP de Cangas faise heco das queixas dos usuarios relacionadas co estado de abandono e deterioro das instalacións deportivas do kenyata en Rodeira. “O tripartito leva case dous anos sen facer unha soa actuación de mantemento e conservacion dos campos e o seu entorno” afirman. Á falta de desbroce e limpeza hai que sumar a non reparación das redes e mesmo a colocación da cuberta dos vestiarios entre outras deficiencias. “No seu momento trasladamos varias planchas do Campo do Morrazo para alí co obxectivo de reutilizalas como cubertas dos vestiarios, pero co cambio de goberno as planchas quedaron criando malvas sen chegar a instalalas ata o día de hoxe” explican o populares. Dende a formación aseguran que este é un caso máis da desidia e incompetencia existente na área de deportes, carente dunha  planificación  de actuacións de mantemento e conservación así como de investimentos nas instalacións deportivas municipais.

O KENIATA AMEAZADO

“O mal estado do campo de arriba obrigou a suspender partidos para celebralos no campo de abaixo” declaran, “polo que está en risco que se siga celebrando a liga a tempada que ven” engaden. “Sería lamentable que a incompetencia do tripartito termine cun dos eventos máis emblemáticos do fútbol cangués” rematan.

“Por todo isto o PP de Cangas insta ao goberno local a tomar medidas de forma urxente que permitan reparar as principais deficiencias e que se establezca un plan de actuación para organizar os traballos de mantemento das instalacións deportivas municipais para que evitar chegar a este tipo de situacións”.

 

IMG_4619 IMG_4620