O PP PRESENTA ONCE PROPOSTAS DE ACTUACIÓN PARA O PLAN CONCELLOS DO 2017

A formación aposta por investir 140.000 para a primeira fase do Museo do Mar ‘Bernardino Graña’, 70.000 para o abastecemento de auga en Herbello ou 100.000 euros para a sustitución de servizos e pavimentación do Barrio das Flores.

O líder do Partido Popular José Enrique Sotelo, presentou onte as obras que considera deben incluirse dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Son en total 11 obras que ascenden en total a unha inversión de 680.639 euros. Neste sentido o PP destaca que os fondos sairían da liña 1 do plan provincial polo que o Concello de Cangas recibe un total de 1.089.023, 28 euros,  dos que o 62,5%, é decir 680.639,51 euros corresponden a esta liña de investimentos.

Dende a formación propoñen que se destinen 25.000 euros ás obras de consolidación del cemiterio municipal de Darbo, 30.000 ao acondicionamiento da senda costeira de Areamilla-Santa Marta, 25.639 para o acondicionamiento do paseo dos muíños de Aldán, 70.000 para o abastecemento de agua a Herbello, 140.000 para a primeira fase do Museo do Mar de Cangas “Bernardino Graña”, 50.000 para o acondicionamento de aceras na avenida de Vigo, 100.000 para a sustitución de servizos e pavimentación no Barrio das Flores, 25.000 euros para mellorar a seguridade no parque infantil de A Garita en Nerga.

Fondos para os convenios

A proposta dos populares tamén recolle 40.000 euros para a primeira anualidade da pavimentación e mellora da seguridade vial na estrada A Madalena-Boubeta e 150.000 para a primeira anualidade da pavimentación e mellora da seguridade vial O Viso-Iglesario e 25.000 para o acondicionamento do parque de Aldán.

Sotelo espera que o alcalde Xosé Manuel Pazos (ACE) cumpla coa súa palabra e estude as propostas que se presentan dende a oposición.

IMG_sotelo4