VERDADES É MENTIRAS SOBRE O SERVIZO DA RECOLLIDA DO LIXO

O pasado Pleno tratouse e rexeitouse unha moción do grupo municipal do PSOE na cal se facía referencia a deficiente servizo de recollida do lixo en Cangas. Referíase tamén o incumprimento do prego sobre todo no tocante os lavados dos colectores e a frecuencia de recollida .

Resulta máis que curioso que quen presenta estas iniciativas non teñan coñecemento do estado  e o que implica o prego de condicións que rexe o funcionamento do servizo.

Facendo un pouco de memoria , hai que lembrar que o citado prego foi aprobado fai xá máis de 6 anos con gobernos do BNG apoiados por outros grupos ,entre eles o propio  PSOE. E dicir ese prego xerado por aqueles gobernantes foi votado con o apoio de actuais concelleiros como o Sr. Alcalde, o Sr.Abalo e a Sra. Giráldez.

Ademais de ser outra “municipalización” das que adoita firmar o BNG cando co-goberna ,como é tamén o caso da piscina, as podas, limpezas varias, etc.,e dicir privatizacións a tope,de eses pós veñen estes lodos.

Basta citar dous puntos do prego para ver qué é ese prego o orixe de todos males da recollida de lixo.

1)Capítulo 17 . ORGANIZACIÓN DO SERVIZO

“Cada licitador deberá presentar na súa oferta base e para cada un dos servizos: horario, frecuencia e período no que se levarán a cabo, así como os medios humanos e materiais implicados en cada un deles. No caso do servizo de recollida, a frecuencia será diaria dende o 15 de xuño ao 15 de setembro e de luns a sábado o resto do ano“.

PREGO OFERTA ACEPTADO

2)11.1.3. Frecuencia y horario de prestación del servizo

 Limpeza mecánica se levará a cabo con diferentes frecuencias en función del tipo de residuos al que están destinados los colectores.

 – Fracción resto Mensual entre el 15 de xuño y el 15 de setembro; bimestral el resto del año.

 – Fracción envases, papel y cartón Cuadrimestral durante todo el año.

Estes dos puntos do prego son dúas perlas das que está o citado prego repleto.

No punto 1) se fai referencia a frecuencia da recollida no que dí que é diaria ….si pero non se completa referíndose a todos os colectores, polo que a empresa adxudicataria encheu a vila de colectores enormes para poder recollelos cada dous o mais días, con os conseguintes malos cheiros debidos a fermentación.Este apartado foi un gol por toda a escuadra co o único fin de beneficiar a empresa e prexudicar a cidadanía.

No referinte o punto 2)fai referencia a frecuencia dos lavados dos colectores,outra das protestas máis común a que fan referencia os/as  cangueses/as.Son moitas as queixas por a falta de limpeza e sucidade dos colectores, e se reclaman máis lavados.Según o prego aceptado  o lavado dos colectores e de un lavado ó mes durante o período do 15/6 o 15/9,y o resto do ano só un lavado ¡cada dous meses!,normal que malcheiren e estean sucios.

Tamén resaltar que os colectores da reciclaxe teñen tres lavados ó ano,o máis antihixiénico posíbel.

En canto a disposición dos colectores o longo da vila,lembrar que xurde tamén dos que fraguaron ese prego que rexe actualmente a recollida do lixo en Cangas. O que parece mentira é que non os miraran cando se colocaron por a antedita Corporación e con o deseño da Xerencia da Mancomunidade e descóbrennos agora case que o final do contrato(máis de seis anos despois).E cando mínimo sorprendente que nin sequera haxan lido o prego ,pois non creo que dixeran semellantes aberracións.

Tamén salientar que as campañas de concienciación non foron as axeitadas,basta con mirar os vertedoiros que invaden os nosos montes, que non fan máis que aumentar de forma exponencial.

Por todo argumentado anteriormente pódese comprobar que é moi difícil mellorar tanto os lavados coma a recollida porque está firmado o que reflicte o prego,por o que a empresa ten moi fácil cinguirse o citado prego que xeraron os que agora están na poltrona .e mesmo se queixan. ¡Qué exercicio de cinismo!.

A situación da recollida de residuos no Morrazo está encorsetada por o prego leonino para os concellos firmado fai máis de seis anos, por o que é moi difícil de mellorar baixo esa normativa.

O que haberá que facer e ir xá programando un plan de residuos para o futuro para implantar cando remate este contrato actual(sobre xuño do 2018) .

Un plan integral que solvente os erros e deficiencias recollidas durante este período de sometemento a este prexudicial prego.

foto Jesús

Jesús Graña, concelleiro do PP de Cangas.