8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA ESTILO “PIN UP”

O cartel que este ano “decora” o balcón do Concello de Cangas,

anunciando o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora,

non deixa lugar a dúbidas: “ Hay que ser una moza “pin up” para ser unha

muller traballadora”.

 

Este modelo de mulleres pin up ou “chicas de revista e calendario”

marcaron un estilo na moda dos anos 40 e 50 nos Estados Unidos. Non

imos contar aquí todo o que ditas imaxes pretendían suxerir.

O certo é que, hoxe en día, moitas mulleres non nos identificamos con esa

imaxe “vintage e de moda retro” que nada ten que ver coa nosa

realiadade.

 

Parece que precisamente quen ten a responsabilidade, e a obriga, de

traballar pola eliminación dos estereotipos sexistas, quedou anclado

noutra época.

Presentar imaxes como ésta, sexistas e estereotipadas, é a mellor maneira

de sensibilizar á cidadanía, de educar á xente nova no respecto e na

igualdade?

 

Onde queda o cumplimento do IV Plan de Igualdade do noso Concello de

Cangas, no que se falaba de potenciar unha participación máis ampla e

diversa das mulleres no desenvolvemento económico e social da nosa

comunidade, de aproveitar o seu talento e súa experiencia para aumentar

un tecido produtivo máis innovador e competitivo?

Flaco favor fai á igualdade de xénero quen difunde esta imaxe como

exemplo non de igualdade, se non máis ben de antiguedade.

 

IMG-20170307-WA0003