PAZOS E CABALLERO ENTERRAN A ÁREA METROPOLITANA

As declaracións aparecidas onte nos medios de comunicación veñen a demostrar o que o PP de Cangas ven denunciando.

Caballero coa complicidade entre outros de Pazos, mentiron os cidadáns, nunca quixeron a Área Metropolitana (A.M.), só a utilizaron como arma fronte a Xunta de Galicia e, si asinaron o convenio de colaboración que agora non queren cumprir coa Consellería de Infraestructuras, foi pola proximidade das eleccións ao parlamento galego. O certo é que a ninguén lle debía sorprender cando Pazos, na súa longa etapa de oposición, nunca votou a favor da creación da A.M.

Foi precisamente o Sr.Caballero e o Sr. Pazos, como bo palmero, quenes animaron a Xunta, diante das diferencias de interpretación de dito convenio, á presentación dun contencioso nos tribunais e agora teñen a pouca vergonza de decir que é a Xunta a que bloquea a A. M.

O PP de Cangas sempre dixo o mesmo. A Área Metropolitana sen un servizo de transporte igual para todos é un chiringuito máis ao servizo do Alcalde de Vigo. Precisamente él,  presidente á forza, quere que existan cidadáns de primeira e de segunda, e iso non o vamos a permitir .

Pero si esta situación é humillante, máis o son as declaracións de quen debía defender a eses 10.000 cangueses/as que teñen a Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) e que se conforma con que mediante un suposto e futuro convenio ilegal, o sr. Caballero vai a ter a xenerosidade de que se baixe o billete do Vitrasa 0,40 € .

Debería caerlle a cara de vergonza .Vostede que é de Cangas ou de Vigo ? Cómo se pode permitir que diga o Sr.Pazos que Vigo fai un esforzo ? Vigo tería que pagar o 20 % deses viaxes e a Xunta o 80%, o igual que o fan en Ferrol, en Santiago ou na Coruña. O mesmo que fixemos co voto non favorable do sr.Pazos en Cangas. Por culpa do sr.Pazos e o sr. Caballero non podemos disfrutar das achegas que os cidadáns doutros puntos de Galicia levan tempo  disfrutando .

Para qué sirve un área sen transporte metropolitano? Para nada. Sen a inclusión do billete de Vitrasa xa estamos e xa recibimos cos cartos de tódolos galegos as bonificacións nos billetes de bus e barco. Non fai falta a A.M.

Esiximos que se cumpra o que firmaron o 6 de xullo do 2016. Esiximos ao sr.Pazos menos palabrería e máis feitos. Que cumpra coa súa obriga de defender os intereses dos cangueses/as e que non se venda aos intereses políticos do sr. Caballero, persoeiro capaz de decir hoxe unha cousa e mañán a contraria.

Área Metropolitana sí, pero non así.

José Enrique Sotelo, presidente do PP de Cangas.

IMG_4361