FESTA DOS PEPES 2017

Este ano continuamos coa tradicional celebración da Festa dos Pepes na sede local do partido. Día de confraternización entre cos militantes e simpatizantes aos que o presidente local José Enrique Sotelo agradeceu o seu apoio “nos momentos bos e non tan bos”. Sotelo sinalou tamén no acto os asuntos máis importantes sobre os que está traballando o grupo municipal como os problemas da regularización catastral, os orzamentos do 2017 recentemente aprobados por vía de urxencia polo goberno tripartito ou o estado de abandono do paseo de Massó entre outros…

Dende o Partido Popular de Cangas queremos felicitar a todos os Pepes, Pepas, María Xosés, Finas,… e sobre todo a todos os pais!

IMG_4747