O PP DE CANGAS AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLA INSTALACIÓN DA GAIOLA DE LANZAMENTO

“Temos que felicitar ao equipo de goberno pola axilidade na súa instalación no Estadio Municipal de Atletismo” afirman, “só tardaron un ano!” ironizan os populares.

O PP de Cangas tira de retranca galega para “felicitar” ao goberno tripartito pola xestións e “pronta” instalación da gaiola de lanzamento no Estadio Municipal un ano despois de que está presentara danos despois dun temporal, o que obrigou a mudala por outra nova. “En todo este tempo os atletas cangueses de lanzamento de peso, martelo e disco non puideron adestrar nas condicións axeitadas”, resaltan os populares a vez que sinalan que fai cinco meses que a corporación aprobou por unanimidade unha moción presentada pola formación instando ao goberno local a reposición da gaiola as pistas de atletismo. Dende o grupo municipal tiran de sorna, “polo menos esta vez sí cumpriron o mandato plenario”.

UNHA LONGA VIAXE

Dende o PP lembran o episodio do mes pasado cando o goberno local tratou de incluir a factura da gaiola entre as de outros proveedores para o seu abono cando aínda non estaba en dependencias municipais o citado material deportivo, algo ilegal segundo o propio interventor municipal polo que foi retirada a instancias de toda a oposición. Daquela o edil de Deportes Xoan Chillón xustificou a proposta do equipo de goberno porque “estaba de camiño”, sen embargo, non foi ata fai uns días cando chegou a Cangas. “Pode que viñera en burra” bromean os populares.

 

IMG_4759