O PP DE CANGAS INSTA AO TRIPARTITO A RECUPERAR O PROGRAMA ‘CIDADE CIENCIA’

A formación presentou unha moción para que se retomen as actividades desta iniciativa de difusión e divulgación científica cara o conxunto da sociedade cun mínimo de 3 eventos anuais. 

En outubro do 2013 o Concello de Cangas asinou un convenio para formar parte dun gran proxecto de divulgación científica chamado ‘Cidade Ciencia’. Cangas é o único concello de Galicia que forma parte desta iniciativa cuxo obxectivo principal é dar a coñecer a ciencia e a tecnoloxía de vangarda ademais de fomentar as vocacións científicas e salientar a importancia e utilidade dos traballos dos/as científicos/as cara a vida cotiá.  Este proxecto pon a disposición do Concello, ao estar adherido ó programa, interesantísimas actividades de divulgación científica en diferentes formatos como conferencias, debates ,exposicións, visitas a os centros de investigación,etc… Así como talleres on-line de participación cidadá.

Neste sentido os populares sinalan que pese a que a día de hoxe aínda hai un enlace directo e activo na páxina web do Concello para acceder a información e as distintas actividades deste proxecto, se leva dende novembro do 2015 sen realizar nin unha soa actividade. “Hai que lembrar que napasada lexislatura desenvolvéronse numerosas actividades como a conferencia-debate ‘Contaminación mariña na Ría de Vigo’, a exposición ‘El Universo para que lo descubras’ ou a visita do Laboratorio móbil del Centro de Astrobiología entre outras” explican dende o grupo municipal.

Dende o PP non comprenden porque motivo deixouse de celebrar estes eventos cando “estas actividades son totalmente gratuítas para o Concello, que só aporta a loxística necesaria cedendo espazos, salas, son, etc…”.

O grupo municipal presentou unha moción na que se insta ao goberno local a “retomar na maior brevidade posíbel a actividade do proxecto Cidade Ciencia na vila, con o compromiso adquirido de realizar como mínimo tres actividades anuais ademais de reunir a comunidade educativa, asociacións veciñais, culturais, etc, para establecer un calendario de actividades acordado cos técnicos municipais e as concellerías implicadas”.