O PP RECORDA A PAZOS QUE A CHARLA DO LUNS FOI ANUNCIADA POLA SÚA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE

Loli Hermelo: “Non se entende a indignación do sr. Pazos. Debería estalo porque un cangués pague máis polos informes munipais que en Bueu o en Sanxenxo”.

O PP de Cangas non entende a indignación do alcalde de Cangas respecto ao acto realizado onte nun hotel da vila no que estivero a Directora Xeral de Turismo de Galicia para informar a cidadanía sobre o novo decreto de vivendas de uso turístico. “Non podemos entender a reacción do sr. Pazos cando a súa propia concelleira de Medio Ambiente anunciou publicamente a celebración do evento” declara  a edil popular Loli Hermelo.  “O que é unha vergonza e que por un mesmo informe as persoas afectadas teñan que pagar en Cangas 65 euros mentras en Bueu por exemplo se paga 37 euros ou en Sanxenxo 27” declara. “O que non din publicamente é que as vivendas posteriores ao 92 terán que pagar 100 ou 150 euros segundo requira o desprazamento do arquitecto municipal” engade, “o importante para este goberno, como sempre, é facer caixa” continúa, “aínda que esto seguro que non indigna ao sr. Pazos seguro que sí aos veciños que lles tocará pasar por vicaria” remata.

NON PODE DAR LECCIÓNS

“Fala de “cortijos” o sr. Pazos? Será polo uso que fai do Concello” afirma Hermelo, “non hai que esquecer que sempre que veñe a deputada de En Marea a Cangas é recibida no sede municipal sen informar nin invitar ao resto da corporación, xa que si se tratara dun acto partidista queremos supoñer que se faría na sede local do partido, non?” ironiza. “Xa non nos sorprende nada de quen fai mitines no Salón de Plenos, de quen utiliza persoal municipal en horario laboral para montar os mitines do seu partido ou de quen permite pancartas do seu partido en instalacións municipais” enumera, polo que entende que “o sr. Pazos é o menos indicado para dar leccións de nada aos demais”.