O PP DENUNCIA OS ENGANOS DOS ORZAMENTOS DO TRIPARTITO

O pasado día 21 de marzo foi publicado no BOP o anuncio de exposición publica e cobranza en periodo voluntario do padron fiscal do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) deste ano, establecendo o importe total do citado padrón é de 1.281.723,70 euros.

Compre lembrar que no último pleno foroon aprobadas as contar municipais presentadas polo goberno tripartito para o ano 2017. En dito documento se establecía que os ingresos previstos polo IVTM de 1.416.000,00 euros.

Salta a vista que existe un desfase entre o reflexado no documento de Orzamentos e o padrón publicado uns días despois duns 135.000 euros. Por primeira vez se estiman superiores os ingresos previstos por este imposto respecto ao importe total dos recibos que se envían para o seu cobro. Este feito fai que dende o Partido Popular nos cuestionemos o rigor das citadas contas así como de onde pode saír a diferenza entre o que se envía para cobrar e o que se ten pensado ingresar.

Dende o noso grupo municipal realizaremos unha alegación á aprobación inicial do orzamento por esta causa e a maiores solicitararemos un informe de intervención que reflexe si se cumpre ou non o principio de prudencia neste punto.

As previsións de ingresos a hora de elaborar un orzamento deben respetar o principio de prudencia, como se estivo facendo nos últimos anos. No ano 2015 por exemplo se estimou que habería uns ingresos por IVTM un 8,30 % menos do padrón e no 2016 se estableceu no orzamento de ingresos unha partida para IVTM dun 6% menor do padrón emitido. Sen embargo, este ano o tripartito racha con esta liña de actuación marcando unha previsión de ingresos por IVTM no orzamento que supera un 9,5% ao padrón a cobrar.

Esta claro que nesta partida se establecen uns ingresos que non se van cumprir e quedarán por debaixo do previsto cunha diferenza considerable. Moito nos tememos que existan outras partidas de ingresos que están infladas ou que non reflexen a realidade.

Estamos ante un claro exemplo de como se traballa por parte da concellería de Facenda e do Goberno de Cangas. Maquillar os números e ocultar a realidade.

Pío Millán

Pío Millán, concelleiro e responsable de AA.EE do PP de Cangas.