O PP RECORDA A PAZOS QUE LEVA DOUS ANOS DE ALCALDE

Loli Hermelo: “O sr. Pazos fai gala do seu particular cinismo, denunciando ordenanzas fiscais que non modificou despois de dous anos gobernando facendo caixa”.

O PP de Cangas sae de novo ao paso das manifestacións do alcalde de Cangas a través da súa concelleira Loli Hermelo. “O sr. Pazos leva dous anos gobernando, puido cambiar esas tasas así como baixar o IBI” declara, “se non o fixo ata agora é porque lle resulta moito máis interesante continuar facendo caixa a costa de todos os veciños e veciñas” engade. “Cinismo é seguir sinalando ao anterior goberno e non asumir as súas responsabilidades do que acontece no Concello” afirma, “están na memoria de todos episodios como o empregado municipal que monta mitines para o alcalde ‘por exceso de celo’, ou cando aprobou un padrón da auga pola porta de atrás paralizado despois grazas a denuncia pública da nosa formación” enumera deténdose neste último punto lembrando que os cagueses pagaron sete padróns nun ano. “O que fai este goberno sí que é espoliar á xente” recalca.

“Dende logo o sr. Pazos non pode excusarse na inexperiencia que adscribe a esta concelleira pois leva décadas adicadas a política” continúa a edil popular, “polo que se trata unha vez máis do exemplo personificado dos que din unha cousa na oposición para facer todo o contrario no goberno”.

“É moi doado botar sempre a culpa ao PP, o que non é tan fácil é renunciar aos ingresos extra en favor dos cidadáns” explica a popular, “este ano habrá récord de recadación” continúa, “polo que se pudo facer o que se prometía en campaña e baixar os impostos en  lugar de incrementar os gastos municipais” remata.

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

 

Loli Hermelo, concelleira do PP de Cangas.