O PP CRITICA AS DEFICIENCIAS NA LIMPEZA NA PISCINA MUNICIPAL ‘A BALEA’

A formación recolle as queixas trasladas polos usuarios da instalación deportiva.

O Partido Popular de Cangas denuncia as deficiencias na limpeza e mantemento da pi- sicna municipal ‘A Balea’ que foi recentemente re-adxudicada a empresa privada que a leva explotando dende a chegada do goberno tripartito.

Segundo manifestan dende o grupo municipal, “son moitos os usuarios das instalacións que nos falan de falta de hixiene nos vestiarios ou da presencia de restos no entorno e no fondo dos vasos” explican, “polo que esixen aos reponsables municipais de Deportes que se inspeccionen as instalacións con maior asiduidade e se esixa a empresa concesiona- ria a subsanación destas deficiencias no servizo que pagan todos cangueses, tanto os usuarios cos seus abonos como o resto da veciñanza co seus impostos” sinalan nunha clara referencia ao cuestionado modelo de xestión elexido polo tripartito para o centro deportivo.

Por outra banda os populares tamén destacan que dende o cambio de goberno e con dúas licitacións da instalación, o actual equipo de goberno non tomara ningunha medida para mellorar a piscina municipal en aspectos como ampliación do espacio ou a mellora dalgúns servizos, moi demandados tamén polos usuarios e que segue sen correxirse.