O PP PIDE A DIMISIÓN DE ABALO DESPOIS DO VARAPALO DO TSXG

O alto tribunal confirma as denuncias da formación: a solución do tripartito á tarifa da auga foi ilegal.

Informes técnicos e xurídicos negativos, falta de acordo coa concesionaria e de resposta ás alegacóns veciñais, proposta “feita á carta por unha empresa amiga de A Coruña, sen base nin fundamentos”, e outras carencias e deficiencias á hora de modificar as tarifas da agua que terminaron na anulación do acordo plenario polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre os recibos de 2015, a reclamación de máis dun millón de euros por parte da empresa  a presentación dun novo recurso que cuestiona tamén as tarifas en vigor. É o resumen que fai o grupo municipal do PP sobre a “solución ilegal” do goberno tripartito ao problema do ciclo da agua, e do proceder irregular do cal tiñan advertido ao equipo de goberno, e tambén de que “traería consecuencias para a veciñanza”. Aunque os populares reparten as responsabilidade entre todos os concelleiros do goberno, pois votaron a favor da medida, poñen no foco no edil de Facenda, Mariano Abalo, do que volven a esixir a dimisión por “convertir en lío todo o que toca” e por supoñer un “lastre para Cangas” que pagan os ciudadáns.

“O tempo vai poñendo a cada quen no seu sitio e deixando ao descuberto as mentiras e as falsas promesas deste goberno que estafou aos cangueses, manipulándoos e confundíndoos co único obxectivo de alcanzar o poder”, arremeten os representantes do Partido Popular, que acusan aos actuais gobernantes de levar dous anos gobernando “sen dar solucións”, e cando adoptan algunha medida “o que fan é empeorar a situación con cargo aos petos, tarde ou temprano, dos cidadáns”. Reiteran que as medidas sobre as tarifas da agua se tomaron sen rigor e incluso “con informes técnicos e xurídicos municipais negativos”, polo que non debe extrañar a sentenza xudicial contraria ao Concello, que xa manifestou a súa intención de non recurrila, aunque tamén a de non pagar á concesionaria o millón de euros que reclama como “compensación” polas pérdidas de ingresos derivadas de aquela modificación contractual.

“Nos decían aos veciños e veciñas que estaban negociando, que tiñan un acordo coa empresa concesionaria”, recordan os concelleiros do PP, e engaden que meses despois o tripartito procedeu a “modificar as tasas de maneira unilateral, sen ningún tipo de acordo e cos informes desfavorables”, deficiencias que facían presaxiar estas consecuencias. “O resultado era sabido, e tambén que iba a traer repercusións que imos a pagar toda a veciñanza de Cangas”, que califican de “abalada” esta situación en referencia ao concelleiro Mariano Abalo, contra o que cargan os seus reproches, entre eles que tivera procedido a “cobrar de forma ilegal, como demostra a sentenza do TSXG, e nun tempo récord ata orto recibos en seis meses”. Tamén avisan de que o próximo recibo, que se pasará ao cobro en abril, “é irregular, pois foi realizada unha modificación da tasa no mes de febreiro sen a correspondente exposición pública”.

Os problemas crecen

“Para este goberno vale todo, chámese IBI ou auga”, conclúen os populares, que fan fincapé en que a concesionaria non executara ninguna das inversións comprometidas e que Mariano Abalo “leva máis de 40 anos tirando a pedra e escondendo a man” en asuntos relevantes -como a elaboración do Plan Xeral, legalización de dous edificios da rúa Noria, o desenvolvemento de Massó, a situación legal dos núcleos costeiros, as reclamacións sobre a contribución urbana ou a regularización catastral-, polo que urxen a súa dimisión.