A PARALISE TRIPARTITA CHEGA AO EMPREGO 

 

Hai que remontarse ao ano 2010 para encontrar un mes de marzo tan malo na creación de emprego en Cangas. “A paralise do des-goberno tripartito comeza a ter os seus efectos no emprego” sinalan os populares.

 A formación reclama ao tripartito a posta en marcha dun proxecto para o Polígono Industrial de Castiñeiras. “Debe ser prioritario para o desenvolvemento económico da nosa vila no futuro” destacan.

Esta semana fixéronse publicas as cifras do paro correspondentes ao mes de marzo. Cangas por primeira vez en seis anos sufriu un incremento do desemprego nun mes que tradicionalmente positivo para a ocupación grazas a Semana Santa que sempre reactiva o sector turístico, de gran peso na economía canguesa.  Para o PP de Cangas este é un novo síntoma da paralise do “des-goberno tripartito” xa que a vila nesta ocasión vai contracorriente das cifras que amosan outras vilas da contorna como Bueu ou Marín ademais da tendencia positiva xeral tanto en Galicia como no conxunto de España. “Temos que ir ata o ano 2010 para encontrar un mes de marzo negativo para o desemprego” resaltan.

“Dende o inicio da lexislatura o actual goberno paralizou iniciativas postas en marcha na lexislatura pasada como a Aula do Emprendedor ou o Viveiro de Empresas que despois de 2 anos parece que o queren rescatar, pero o certo é que despois de dous anos acondicionando o citado viveiro (simplemente movendo paredes de pladur), o triste é que necesitarán outros dous para darlle algún uso práctico” explican.

“Non existe unha política real de apoyo e seguemento aos novos proxectos empresariais que nacen na nosa vila” continúan. “Aínda con recursos moi limitados son moitas as cousas que se pode facer para axudar que as iniciativas dos emprendedores cangueses vaian cara adiante” afirman, “colaborando estreitamente con asociacións e colectivos como AJE ou a Cámara de Comercio que poden aportar experiencia e asesoramento aos novos empresarios” engaden.

POLÍGONO MORTO

Os populares tamén critican que o tripartito teña paralizado o proxecto de ampliación do Polígono Industrial de Castiñeiras cara a zona canguesa. “Fai unhas semanas falaban dos terreos da canteira de Rodal como mellor localización. de Rodal como mellor localización. Pero o máis triste é que eses terreos, unha vez cedido todo o que se debe ceder, o único que aportan serían sobre 7000 metros cadrados para chan industrial, ou o que é o mesmo un micropolígono” sinalan.

“O certo é que en 2 anos gobernando non fixeron nada sobre este asunto” denuncian, “e este é unha asunto capital para o desenvolvemento económico de Cangas e para a creación de emprego” insisten. “Esiximos ao tripartito que deixe de marear a perdiz e poña en marcha este proxecto vital para o futuro da nosa vila”.

AXUDAS AO COMERCIO LOCAL

“Por outra banda, cabe decir tamén que si nestes dous anos, se potenciase máis o turismo, acudindo as ferias do sector, promovendo a nosa vila” explican, “se estaría votando unha man ao pequenos comercio local do sector servicios, xa que para este tipo de empresarios a promoción é unha base importante” continúan. “Decimos que non se promoveu, pero é que ademáis disto, temos que decir tamén que lamentablemente se perderon dúas subvencións importantes (ás que se renunciou), e ambalas dúas melloraban o entorno da noso concello: unha no contorno da Praza de Abastos, e a segunda a Senda Costeira dende A Congorza ata Santa Marta” enumeran.

“Por iso pedimos que se apliquen os nosos gobernantes e que traballen, que non esquezan que ademáis de levar o soldo, debe un gañalo” rematan.