O PP DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DO PABELLÓN DE ROMARIGO

A formación faise eco das queixas dos clubs e dos usuarios desta instalación deportiva municipal.

 “É outro exemplo da falta de actuacións e de mantemento das instalacións deportivas nestes dous anos de goberno tripartito” destacan. 

O PP de Cangas volve a denuciar as deficiencias e falta de mantemento das instalacións deportivas municipais. Se en datas próximas criticaban o abandono do campo do Kenyata agora toca o pabellón de Romarigo. Dende o grupo municipal sinalan que son moitos os usuarios e os clubs os que se queixan da falta de mantemento e o abandono xeral deste espazo deportivo. “Levamos dous anos de goberno tripartito sen que se realice unha soa actuación” lembran os populares a vez que sinalan que na lexislatura pasada se realizaron actuacións para eliminar humedades, pintado do hall de entrada, reparación das pistas…, entre outras. “É lamentable que non se realice os traballos mínimos de acondicionamento tendo en conta ademais que é un lugar que acolle numerosas eventos” continúan, “ademais de ser unha instalación utilizada habitualmente polos clubs de tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala ou incluso nos últimos tempos tamén polo Alondras” expoñen.

Debido a esto a formación anuncia a presentación dunha moción para instar ao gobenro tripartito a executar os traballos de acondicionamento precisos con recursos propios ou con cargo aos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra así como a redacción dun Plan de Mantemento das Instalacións Deportivas Municipais que sirva para poñer fin as múltiples deficiencias que presentan estes espazos na actualidade.