SOTELO CUESTIONA AO TRIPARTITO POLA ANULACIÓN DA ORDENANZA FISCAL DA AUGA DO 2016

O líder de PP de Cangas presento varias preguntas por escrito para coñecer cómo pensa dar cumprimento do pronunciamento do TSXG o actual equipo de goberno, si se vai a convocar nesta ocasión un Pleno extraordinario e se, tendo en conta a resolución, se vai a manter en vigor a actual ordenanza, que tamén está recurrida pola empresa concesionaria.

O pasado 28 de abril o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu un oficio polo que se comunica ao Concello de Cangas a nulidade da Ordenzanza Fiscal do Ciclo Integral da Auga aprobada o 18 de febreiro do 2016 pola unanimidade dos membros presente no Pleno da Corporación -os populares ausentaronse da votación denunciando a ilegalidade do documento presentado polo tripartito así como denunciando as deficiencias na documentación do expediente, xa que carecía do informe do servizo de Intervención.

O tempo parece dar a razón aos populares que solicitaron no seu momento a retirada do punto da orde do día do Pleno, “para evitar chegar a esta situación”. “A ordenanza foi aprobada sen estudio económico, sin informe de intervención, nin informe de secretaría” sinalan. Dende o grupo municipal volven a denunciar o oscurantismo e secretismo co que actúa o actual goberno sobre este asunto, “facendo gala do seu concepto de transparencia” ironizan. Neste sentido lembran o cambio de actitude das formacións que compoñen o goberno, “falaban de municipalizar na oposición e na campaña electoral” afirman, “depois anunciaron acordos coa empresa concesionaria que nunca se materializaron e agora cunha ordenanza anulada pola xustiza e unha en vigor que podería correr a mesma sorte” engaden. “Qué decir da falta de inversión por parte da empresa concesionaria, incumprindo de xeito flagrante o contrato sen que dende o goberno se tomen medidas ou as subidas tarifarias impoñendo consumos mínimos e subindo as cotas de mantemento” explican.” Todo isto dibuxa a maior estafa política da historia do noso concello” rematan.