O PP CRITICA O ESTADO DE ABANDONO DOS ESPAZOS PÚBLICOS

Dende a formación reclaman medidas para mellorar o estado das estradas de acceso a vila, “as  beirarrúas das avenidas de Coruña e de Vigo presentan o estado lamentable. Precisan de actuacións urxentes”, reclaman. 

Os populares sinalan o mal estado das rotondas da vila como exemplo da desidia do actual goberno tripartito.

O grupo municipal do PP de Cangas reclama actuacións nas beirarrúas nas avenidas de Coruña e de Vigo así como de tarefas de limpeza das mesmas, “é lamentable o estado que presentan estos viais de acceso ao centro urbano” sinalan, “máis se temos en conta que é o primeiro que ven as persoas que visitan o noso municipio” continúan, “aínda que son o claro exemplo da falta de xestión e paralise do actual equipo de goberno” engaden.

Dende a formación tamén esixen ao goberno tripartito a realización de labores de limpeza e mantemento dos espazos públicos. “Xa dende fai tempo vimos esixindo unha mellor programación dos traballos de desbroce dos espazos públicos” lembran, sen ser atendidas estas peticións polo actual equipo de goberno. E que os populares sinalan que son moitas as queixas veciñais do mal estado dos camiños e outros espazos públicos que levan tempo sen ser desbrozados polas brigadas municipais. “Un exemplo claro o temos nas rotondas das principais estradas de acceso a nosa vila” destacan, “agardamos que estas deficiencias sexan correxidas antes da próxima época estival, cando as brigadas están máis ocupadas nos traballos de limpeza nos accesos ás praias e a limpeza das mesmas” continúan. Dende o PP lembran que “na anterior lexislatura foron reiteradas as veces nas que as brigadas municipais realizaron estas labores de limpeza e desbroce destes lugares” polo que sinalan que “solo se esiximos que se veña facendo o se realizaba ata o momento” rematan.