SOTELO PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA INSTAR A DEPUTACIÓN A QUE CUMPRA O CONVENIO DA ESTRADA DO VISO-IGREXARIO

O líder popular nega que non existira un proxecto, “é mentira, existía un proxecto básico e un levantamento topográfico” asegura.

Sotelo tamén denuncia a pérdida de fondos de Cangas polo Plan Concellos, “o noso concello leva perdidos 400.000 euros coa Nova Deputación” sinala.

Arévalo: “é un exemplo da parlise do bipartito no goberno provincial. Só tiñan que continuar co feito polo anterior goberno provincial e local do Partido Popular” resalta.

Moldes: “a visita de Carmela Silva a Cangas é forzada pola presión de Sotelo sobre este asunto tanto no concello como nos plenos da Deputación” afirma.

Este mércores os populares anunciaron a presentación de sendas mocións tanto no pleno da Deputación de Pontevedra como no Concello de Cangas para reclamar que se cumpra o convenio asinado na pasada lexislatura entre ambas institucións para a urbanización da estrada provincial de O Viso- Igrexario. En rolda de prensa na sede local da formación José Enrique Sotelo denunciou que o goberno provincial pretenda contruir beirarrúas só por un marxe e non polos dous como estaba previsto no proxecto orixinal, “é un agravio comparativo cos veciños de O Hío” afirma, “xa que ata agora sempre se fixo nas dúas marxes como demostra os exemplos das estradas provinciais do Espírtu Santo ou na recente da avda. de Lugo- A Boubeta” argumenta, “porqué agora non?” se pregunta.

O dirixente local tamén saiu ao paso das acusacións da inexistencia dun proxecto previo como se defende dende o PP. “É mentira. Existía un proxecto básico e un levantamento topográfico previo a firma do convenio” asegura, a vez que critica que encarguen un novo levantamento topográfico a unha empresa despois de dous anos no goberno.

Os populares tiran de hemeroteca para resaltar os constantes incumprimentos do actual goberno provincial con Cangas, “coa axuda do silencio cómplice do actual goberno tripartito cangués”. “O 16/09/15 saiu na prensa o anuncio da presidenta Carmela Silva sobre o incio dos traballos desta obra para finais do 2015 o durante o 2016” lembran, “estamos no 2017 e non se fixo absolutamente nada” engaden.

Para a voceira provincial Nidia Arévalo o que está a acontecer en Cangas “é un exemplo máis da paralise do actual goberno bipartito, incapaz de sacar adiante as infraestructuras que precisan moitos concellos da provincia” afirma, “só tiñan que continuar co feito polo anterior goberno” engade, “polo que continuaremos denunciando esta paralise por todos os concellos da provincia” remata.

Sotelo tamén anunciou que se exercerá toda a presión necesaria dende a súa formación para que se cumpra o proxecto orixinal “as dúas beirarrúas aportan maior seguridade vial ao proxecto”. Neste senso anuncia unha futura moción para o pintado de máis pasos de peóns na estrada da Avda. Lugo – A Boubeta, “só hai un fronte o colexio público” recalcan.

PLAN CONCELLOS

Os populares tamén criticaron os cambios no Plan Concellos da Deputación. Para a formación o actual goberno bipartito provincial deixaron sen fondos subvencións dirixidas a colectivos sociais, deportivos e veciñais coa escusa de pasar esas partidas ao Plan Concellos, algo que nunca aconteceu. “Cangas saiu perdendo coa Nova Deputación” sinalan, cifrando en 400.000 euros que deixou de percibir a vila da institución provincial. “A visita da presidenta Carmela Silva é forzada pola insistencia de José Enrique Sotelo” recalca o deputado provincial Ángel Moldes a vez que insiste en que “a nosa moción está pensada para defender os intereses dos veciños da parroquia de O Hío e de Cangas” engade, “Queremos que un cangués sexa tratado igual que un pontevedrés ou un vigués” remata.

O FACHO

Dende o PP de Cangas tamén reclaman que se cumpra dunha vez o convenio da Deputación co Ministerio de Fomento para a conservación e posta en valor do xacemento do Facho. “Non cumpriron os seu propios prazos” sinala Sotelo a vez que amosa documentos do organismo provincial nos que se establecía a realización dos traballos para o verán do 2016. “Estamos no 2017 e non se fixo nada” destaca, a vez que denuncia a complicidade do actual goberno tripartito, “están actuando como auténticos palmeiros, con esto, coa Área Metropolitana ou coa estafa do Plan Concellos”, a vez que lamenta que non defendan os intereses dos veciños e veciñas de Cangas.