O KENYATA NOVA VÍCTIMA DO TRIPARTITO

Dende a formación critican a falta de apoio institucional a esta modalidade de fútbol con tanto arraigo no municipio, “o están deixando morrer” afirman.

O grupo municipal do PP de Cangas reclama maior implicación do actual goberno tripartito no mantemento do kenyata, xa que actualmente se ten moi serias dudas de que se dispute unha nova liga a tempada próxima. Os populares defenden que o kenyata é unha das señas de identidade do fútbol cangués arraigado durante moitísimos anos e polo que pasaron numerosos deportistas da vila. “Non é de recibo que o actual responsable de Deportes se poña de perfil mentras o kenyata desaparece” sinalan a vez que sinalan a pasividade do actual goberno como un factor máis na crise que está vivindo esta modalidade deportiva, “se leva tempo sen realizar as tarefas mínimas de mantemento das instalacións” recalcan así como denuncian que o pasotismo chegou a tal punto que o actual concelleiro de Deportes Xoan Chillón xa non acudiu a última reunión cos actuais responsables da liga.

Para o PP este é outro exemplo da nefasta xestión que está a facer o tripartito co deporte. “O tripartito cóbrase unha nova víctima da súa incompetencia. Antes foi a Fundación Cangas Deporte e agora tócalle ao kenyata” argumentan, “cal será o seguinte?” engaden. Sen embargo dende a formación sinalan que aínda se está a tempo de salvar o kenyata, polo que instan aos actuais responsables municipais a traballar codo con codo cos deportistas e coa directiva para elaborar un programa de actuacións concretas que permitan poñer ao día as instalacións municipais e a vez revitalizar unha das señas de identidade do fútbol cangués.

 

images-3