XUNTANZA DO GRUPO MUNICIPAL COA VECIÑANZA DE ALDÁN

O Partido Popular de Cangas comezou a súa campaña de visita ás parroquias. Dende o grupo municipal trasladouse as tradicionais reunións con militantes e simpatizantes na sede da formación no centro urbano ás parroquias co obxectivo de achegarse á toda a veciñanza para coñecer de primeira man os problema de cada zona do Concello, as queixas e as súas suxerencias para que podan ser canalizadas polos concelleiros do grupo e ser trasladadas ao Pleno da Corporación.

Dende a agrupación tamén se utiliza estas reunións periódicas para rendir conta aos veciños e veciñas da labor desenvolvida dende o principal grupo municipal. “Pensamos que é fundamental dar a cara e explicar cales son as nosas liñas de traballo, as mocións presentadas ou nas propostas que estamos traballando para dar solución a algúns dos problemas que nos trasladan” explican. “Grazas a esta canle directa logramos ser máis eficaces na nosa labor de oposición” rematan.

 

IMG_6320