O PP CELEBRA CO GOBERNO ASUMA A PROPOSTA DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE NOS COLEXIOS ELECTORAIS

“Agardamos que non sexa un feito aillado e o tomen como costume. Nós non temos problemas respecto aos dereitos de autor” ironizan os populares.

Os Partido Popular de Cangas celebra que o goberno local teña feito súa a proposta de mellorar a accesibilidade nalgúns colexios electorais da vila así como facer algúns cambios na ordenación das áreas dos colexios electorais de Castrillón e Rodeira nos que había veciñanza que a pesar de residir preto do primeiro, tiña que votar no segundo.

A formación presentou fai meses unha moción na que abordaba estes asuntos aínda que non chegou a ser debatida en pleno polo que volveron a presentala para ser abordada no próximo pleno que terá lugar a semana próxima. Sen embargo, a alcaldía presentou unha proposta na última xunta de goberno na que se recollía basicamente o plantexamento dos populares.

“Estamos satisfeitos de que o goberno cambie a súa actitude e comece a recoller as propostas que realizamos dende a oposición” celebran, “agardamos e desexamos que continúen así e que quede no pasado o decir “non” a todo o que se plantexa dende a oposición mesmo nalgunhas ocasión impedindo o seu debate” engaden. “A diferencia dalgúns membros do goberno nós non temos ningún problema cos dereitos de autor” ironizan. “Creemos que o fundamental e traballar a prol da veciñanza más alá de quen sexa a idea” rematan.

Moción

Na moción presentada polo principal partido da oposición sinalaba que o pasado ano no que se celebraron múltiples citas electorais quedou en evidencia as carencias en canto a accesibilidade nalgúns colexion electorais como o de Seixo ou o Local de Ensaios de Cimadevila o que impedía que as persoas con discapacidade poideran exercer con normali- dade o seu dereito ao voto. Neste senso reclamaban ao goberno local a realización dos traballos necesarios para facer ditos locais accesibles de cara a futuras citas electorais.