O PP DE CANGAS RECLAMA AO CONCELLO ACTUACIÓNS INMEDIATAS NO SKATEPARK

Sinalan que son moitas as queixas dos usuarios sobre o estado do pavi- mento, escasa iluminación e a falta de mantemento da instalación.

O Partido Popular de Cangas faise eco das numerosas queixas que están trasladando os usuarios do Skatepark de Rodeira que denuncian falta de mantemento e múltiples deficiencias entre as que destacan a escasa iluminación e o mal estado do pavimento que presenta múltiples grietas e planchas mal fixadas. “Se fixeron parches que non solventaron o problema e algúns deportistas mesmo se teñen accidentado polo deteriorado que está o firme” explican dende a formación. O grupo municipal reclama actuacións urxentes que subsanen as deficiencias e incluso algunhas melloras como a posta en funcionamento dunha fonte de auga que de servizo a deportistas e familias no paque infantil colindante.

“Pese a todo, dende a súa posta en funcionamento, cada día son máis os veciños e veciñas afeccionados a este deporte, que ademais debutará nas próximos XX.OO de Tokio 2020” sinalan. Por iso tamén reclaman o estudo da posta en marcha de novas instalacións deportivas municipais ou a ampliación e reubicación da exitente a un lugar máis céntrico. “É preciso ampliar os espazos adicados a este deporte que está experimentdando moito crecemento entre a xente nova e que as mesmas conten con zonas adaptadas aos diferentes niveis dende iniciación a un nivel máis avanzado” explican. Demandan aos responsables municipais que se acometan as actuacións con fondos propios o con achegas doutras administacións.

Lixo no entorno

Tamen denuncian a acumulación de lixo e falta de limpeza no entorno. “Os usuarios e a veciñanza da zona están fartos de reclamar se realicen traballos de limpeza neste lugar que amosa un aspecto moi deteriorado e de absoluto abandono” afirman os populares a vez que sinalan que este é un exemplo máis da falta de traballo por parte do goberno municipal.