O PP ACUSA A PAZOS DE MENTIR SOBRE A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE SOCORRISMO

Os populares tiran de hemeroteca. “El mesmo falou publicamente da municipalización do servizo”. Sinalan que nos orzamentos en vigor hai unha partida para soco- rristas e patróns no anexo de persoal.

“O alcalde de Cangas volve a mentir sen pudor sobre o servizo de socorrismo” é a primeira resposta que dan dende o Partido Popular de Cangas ás declaracións de rexedor nas que afirmaba co servizo nunca foi municipal “xa que o persoal non eran traballadores do concello”. “Novamente o sr. Pazos volve a demostrar que é un alcalde de palla, e que non se entera ou non se quere enterar das cousas” declaran. “Como pode afirmar iso sin ruborizarse cando nos orzamentos prorrogados do 2018 e que por certo, son os que están en vigor a día de hoxe, aparecen no anexo de persoal os socorristas e patróns” explican a vez que recordan que foi o propio Pazos “quen anunciou como sempre por prensa e co bombo habitual a “remunicipalización” do serivzo despois da brillante xestión dunha concelleira da súa mesma formación” continúan.

“Resulta inexplicable que se nunca foi un servizo municipal o persoal adscrito ao mesmo aparezcan nos orzamentos no anexo de persoal e que o propio alcalde fale de remunicipalización”. “E normal que coa costume cotiá de mentir xa non lembre cales foron as anteriores” ironizan. “A realidade é que os que falan de municipalizar non deixan de privatizar todo o que tocan” acusan. “Ante o desastre e caos vividos o ano pasado, con patróns contratados sen lanchas, lanchas sen documentación, e praias sen socorristas y como ademais saben que son incapaces de xestionar nada, prefiren pasar o morto a unha empresa, aínda que supoña peores condicións para os traballadores e un maior custe para as arcar municipais” rematan.