O PP DENUNCIA A AUSENCIA DE POLÍTICAS DE XUVENTUDE EN CANGAS

A formación sinala que o municipio leva dende o ano 2017 sen recibir fondos autonómicos ao non alcanzar a puntuación mínima os proxectos presentados polo goberno local.

O Partido Popular de Cangas denuncia que dende o 2017 Cangas non recibiu ningún fondo autonómico para proxectos xuvenís debido a que os proxectos presentados polo goberno de Cangas non alcanzaba a puntuación mínima requerida polas convocatorias públicas. “Se xa estamos acostumados a ver exemplos da incompetencia e pasotismo do goberno tripartito primeiro e bipartito hoxe, agora coñecemos un máis que ten como vítima a xuventude canguesa” afirman. Os populares destacan que non se trata dun feito aillado xa que no eido do voluntariado no periodo comprendido entre o 2016 ao 2018 tampouco se accedeu a subvencións polo mesmo motivo. “Subvencións perdidas como resultado da falta de xestión e pasotismo dos que gobernan hoxe Cangas” declaran. “É incomprensible que quenes din apostar pola mocidade pasen de esta forma das políticas xuvenís” engaden. “A nosa formación esixe rigor aos actuais responsables municipais, esta situación non pode continuar. Menos fotos e máis traballo. Todos os mozos e os mozas de Cangas o agradecerán”.

Sen proxectos

O grupo municipal tamén sinala que Cangas non está presentando proxectos en programas como Galeuropa o para campos de traballo. “Imos a presentar unha batería de preguntas sobre este asunto” anuncian, “é difícil de entender que un concello da entidade de Cangas non participe nestas iniciativas” recalcan. “É o vivo reflexo da falta de proxecto, ideas e de traballo de quenes gobernan Cangas dende o ano 2015” rematan.