O CONCELLO DE CANGAS SE ESQUECE DO MONTE DO FACHO

Dende fai uns meses non temos noticias sobre a continuidade do mantemento e conservación do xacemento do Monte do Facho. Dende fai dezasete anos se veñen realizando actuacións de forma descontinua, que puxeron en valor unha xoia arqueolóxica que da prestixio ao municipio de Cangas, como un dos elementos culturais mais destacados de este pobo.

Pero, consideramos que debemos pasar a unha nova fase, que se diferencie pola continuidade no mantemento dos elementos xa existentes, tanto polo seu valor cultural como polo seu atractivo turístico que ademais axuda a desestacionalizar a afluencia de visitantes a este municipio, que non so se visite nos meses de verán.

Estamos informados que as actuacións de limpeza, consolidación e musealización que constaban no convenio asinado no ano 2014 entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento non están rematadas, descoñecemos cales poden ser as causas de este parón nas actuacións, pero si sabemos que falta por cumprir as obrigas do Ministerio de Fomento. Polo que consideramos necesario que dende o municipio de Cangas se indague cales son as causas de este retraso e que se inste a Deputación de Pontevedra para que esixa ao Ministerio de Fomento que cumpra coas obrigas establecidas no convenio.

Como sinalamos anteriormente, ademais de rematar coas actuacións que constan no citado convenio, pensamos que sería positivo que se elaborara unha planificación a medio e longo prazo que traía consigo o mantemento continuo do entorno do xacemento e que durante todo o ano sexa visitable e non de a sensación de que se esquecen de esta xoia arqueolóxica. 

Non queremos dicir que non se destinen cartos a outras actividades culturais que continuamente están sendo dotadas de fondos, pero debemos esixir tamén que o Monte do Facho merece que o Concello de Cangas se implique directamente, tanto na esixencia a outras administracións para que participen neste xacemento; como na dotación de fondos propios dende os orzamentos municipais, como acontece con a outras actividades culturais, non podemos permitir que este xacemento sexa o patiño feo da cultura no presuposto do Concello, como ven sucedendo estes últimos anos.

Polo que ante estes feitos queremos presentar as seguintes preguntas:

  1. Ten pensado o Concello de Cangas realizar algún trámite para esixir que se rematen as actuacións incluídas no convenio da Deputación de Pontevedra co Ministerio de Fomento?
  2. Existe algunha proxecto no Concello que permita o mantemento continuo de este xacemento?
  3. Ten pensado o Concello de Cangas destinar algunha partida orzamentaria para o mantemento do Monte do Facho?