SITUACIÓN LAMENTABLE DA ESTRADA DO ESPÍRITU SANTO

Cangas 13 de Marzo de 2023

Dende o Grupo do Partido Popular de Cangas queremos poñer a atención e denunciar, unha vez máis, o estado lamentable e insostible da estrada do Espíritu Santo (Estrada Provincial E.P.-1003) no tramo Capela Espíritu Santo – Boubeta.

Os veciños e usuarios desta estrada están xa cansos de sufrir os continuos afundimentos do carril descendente desta estrada motivados polo mal estado e falta de mantemento dos servizos municipais da rede de saneamento.

Este mal estado e falta de mantemento da rede de saneamento xera a súa vez dous grandes problemas os veciños e usuarios desta estrada, a perigosidade na circulación onde vehículos e condutores se ven na necesidade de poñerse en risco o invadir o carril contrario para esquivar os continuos socavóns e a contaminación do chan pola fuga dos residuos e líquidos das tubarias que afectan de forma directa os pozos de auga potable e terras dos veciños.

Esta situación, que xa foi denunciada polo Grupo do Partido Popular fai ano e medio, continúa empeorando ante la falta de resposta del Goberno Local, que, despois de teren tardado máis dun ano en dar solución o tramo Rodeira- Capela do Espíritu Santo que se atopaba na mesma situación, consideran que xa fixeron bastante e non amosan o mais mínimo interese por dar solución os problemas do deterioro imparable desta estrada.

Dende o Grupo do Partido Popular de Cangas, esiximos o Goberno Local que se poña a traballar pola veciñanza e dea arranxo as súas necesidades e problemas dunha vez por todas.