SOTELO APOSTA POR IMPULSAR O TRANSPORTE PÚBLICO NAS PARROQUIAS

O candidato popular avanzou aos veciños con edificacións afectadas pola actuación da APLU de avances na regularización das mesmas.

Explicou a súa proposta de posta en marcha dun Plan de Camiños atendendo as nece- sidades e prioridades de cada zona.

Cangas, 11 de marzo do 2023

O candidato do Partido Popular de Cangas José Enrique Sotelo continúa coa súa apretada axenda de contactos cos colectivos celebrando unha xuntanza con representantes veciñais da zona de Nerga. Na mesma se abordou a necesidade de artellar un Plan de Camiños, un dos grandes compromisos de cara a próxima lexislatura, para abordar o mantemento efectivo dos principais camiños e viais municipais, “unha das grandes demandas” según resaltou, “hai que reverter a situación de deterioro progresivo que levamos observando estes últimos anos froito do pasotismo do actual equipo de goberno” explicou.

O líder e candidato da formación recolleu a demanda trasladada polos presentes de apostar por mellorar as comunicacións entre esta parte da vila co resto do municipio por transporte pública cunha boa coordinación coas liñas xa existentes que permita ser unha alternativa real aos vehículos particulares. “Levamos anos enredando co PMUS pero a realidade e que nada se avanzou” lamentou. “O transporte público é unha ferramenta fundamental para cohesionar o conxunto do territorio así como un pilar para mellorar os problemas de tráfico que se vive nesta zona sobre todo en épocas estivais”.

Sotelo tamén avanzou aos afectados por expedientes da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que se está traballando nunha vía técnica para a regularización das edificacións. “Non é común nestes tempos trasladar boas novas e esta o é. Trátase dun asunto moi delicado que afecta a varias familias da zona. Esta opción vai a permitir dar tranquilidade aos afectados que tiveron que ver como o actual goberno lavouse as mans neste asunto” criticou.

Unha vez máis os representantes veciñais incidiron na necesidade de manter os espazos e viais públicos como principal prioridade e non tanto en facer grandes investimentos. “No lugar que nos toque a nosa formación ten o compromiso de traballar neste sentido” enfatizou.

 

Visita a EDAR

Sotelo tamén realizou unha visita á EDAR de Balea. Na mesma expresou o seu compromiso de realizar melloras na depuradora así como de poñer fin aos vertidos que se están vivindo nos últimos anos. “É inadmisible o que levamos visto nestes anos. A empresa está incumplindo sistematicamente as súas obrigas e o goberno mira cara outro lado. Seremos esixentes. A empresa debe cumprir co contrato e de persistir na situación actual non nos tremerá o pulso para rescindir o contrato” afirmou. “Iso sí, de verdade. O de deixar caducar expedientes de rescisión de contratos o deixamos para outros” nunha clara referencia aos tres expedientes de rescisión caducados levamos a cabo polo actual goberno municipal.

Foto da xuntanza coa AA.VV Nerga.