SOTELO APOSTA POR REGULAR O AUTOCARAVANISMO EN CANGAS

O candidato popular mantivo unha xuntanza coa asociación de aloxamentos turísticos do Morrazo (TodoMorrazo) na que se abordaron as necesidades do sector.

O sector xenera unha facturación de 4 mill. de euros ao ano cunha oferta de case 4.000 prazas, estando a súa maioría en mans de particulares.

“Non se trata de prohibir senón de ordear e regular o turismo itinerante para facelo compatible coas demais alternativas turísticas e coa normal convivencia cidadá” ex- plicou.

Cangas, 16 de marzo do 2023

O Partido Popular de Cangas co seu candidato José Enrique Sotelo á cabeza, continúa coa súa apretada axenda de contactos con colectivos para abordar os principiais problemas e demandas de cada un deles de cara a pechar o programa de goberno para a próxima lexislatura. Nesta ocasión a formación celebrou unha reunión con representantes da asociación de aloxamentos turísticos do Morrazo (TodoMorrazo) na que se abordaron os principais problemas e necesidades que ten o sector así como se plantexaron posibles solucións as mesmas.

O líder popular concordou cos presentes sobre a necesidade de regular o autocaravanismo na vila. Nese sentido destacou co grupo municipal presentou varias mocións nesa línea sen contar co apoio e colaboración do resto de formacións e moito menos por parte do goberno. “Non se trata de prohibir este tipo de turismo senón que, ao igual que noutros sitios, regulalo cunha ordenanza municipal establecendo zonas de estacionamento e equipamentos co faga compatible co resto de alternativas e coa normal convivencia cidadá” explicou.

“O turismo é un sector clave na economía da nosa vila, aportando o 12% do PIB” destacou. “É preciso traballar na ampliación de servizos, na promoción du turismo cultural, na posta en valor do noso patrimonio histórico-artístico ou no vencellado ao deporte para lograr desestacionalizarlo. A gran asinatura pendente” reflexionou. Nese senso Sotelo lamentou a aportunidade perdida que foi o doble ano Xacobeo, “pola irresponsabilidade e incapacidade do actual goberno de Cangas” afirmou.

A estos asuntos sumáronse outros como a necesidade de mellorar o transporte público con maiores frecuencias tranto no tocante a autobuses como no transporte de ría que permita absorver parte do tráfico xenerado pola afluencia de visitas, traballar nun Plan de Tráfico que posibilite ordear o intensto tránsito de vehículos coa posta en marcha de aparcadoiros disuasorios así como melloras nos viais existentes como así demandan a veciñanza das zonas máis afectadas. Tamén abordouse a necesidade de traballar para que Cangas logre sumar visitantes, especialmente fóra da tempada alta, dos cruceiros que recalan en Vigo ao longo de todo o ano. “Debemos apostar por internacionalizar máis a nosa oferta. Contamos cun potencial enorme cun porto deportivo en pleno centro urbano que pode funcionar como reclamo extra para novos visitantes vencellados ao deporte náutico” reiterou.

Sotelo sinalou a necesidade de retomar proxectos que foron paralizados nos últimos anos como a posta en valor dos areais do municipio que nos últimos anos perderon as Bandeiras Azuis. “Trátase de dotalos de servizos básicos como o socorrismo, accesiblidade, … que sirvan de promoción da nosa vila”, actuacións que non alcanzan o seu obxectivo se non van en paralelo co sector na línea de ampliar e mellorar a oferta turística canguesa. “As administracións temos o deber de apoiar e potenciar esas iniciativas” rematou.

IMG_4953