SITUACIÓN DA REGULARIZACIÓN CATASTRAL E O SILENCIO DO GOBERNO DE CANGAS

Dende hai case un mes, os veciños/as de Cangas estamos a recibir cartas para a regularización catastral das nosas propiedades. Centos de veciños/as se achegan as portas do Oral, en busca de respostas e aclaracións. Respostas que na mayoría das ocasións non convencían e satisfacían aos propios cidadáns, porque non era ahí onde poder realizar esas consultas.

E mentras, o Goberno de Cangas, vendo para outro lado, pasotismo total. Tivo que pasar case un mes (ante as continuas protestas da veciñanza), para que se tomara a decisión de instalar nas dependencias municipais unha oficina con personal da empresa, que está a realizar esta regularización catastral, para axudar e atender aos veciños/as coas sus cartas.

O Partido Popular de Cangas considera moi necesaria dar a maior información posible, para axudar a clarificar a toda a veciñanza de Cangas en que se basa a regularización catastral que se está a levar no Concello de Cangas. Así como que o goberno tripartito de Cangas, ponga a disposición dos veciños/as, tanto personal da empresa, como do propio Concello, para que informen e axuden aos cidadáns a realizar as alegacións oportunas.

O goberno municipal, leva un mes vendo para outro lado, e dándolle ao maquinillo para facer en datas vindeiras caixa e ante unha máis que posible incremento dos ingresos de IBI, de máis de 600.000€. Ante esta situación o Partido Popular, pide ao tripartito que vendía que non subiría ningún imposto, que devolva os 60€ a todos os veciños/as.

As queixas que se están plantexando polos afectados son por un lado que non se identifica con claridade que actuacións son as que provocaron que se lle abrira un expediente de regularización e por outro que hai moitos veciños que transmiten non ter feito ningunha actuación que provoque a citada apertura de expediente.

Ante esas queixas, pensamos que dende o Concello de Cangas débeselle esixir a empresa contratada pola Dirección Xeral do Catastro para facer os traballos de Regularización Catastral, como elaboradora dos expedientes de regulación; que se implique totalmente nas seguintes actuacións:

  • Colaborar coa veciñanza de Cangas que queira consultar calquera dúbida que teñan sobre a documentación recibida.
  • Facer unha revisión de todos expedientes abertos, na búsqueda de posibles erros que se puideran producir a hora tramitar os expedientes.

O Concello de Cangas debe ser contundente coa empresa trasladando a queixa ao Catastro e pedindo responsabilidades, si se demostra que se abriron expedientes, sen existir feitos que provoquen esa apertura, coa única intención de facer unha revisión dos valores catastrais de elementos que xa estaban catastrados.

Para rematar decir que si asistencia dos afectados é alta, pedimos ós responsables do Concello que aumenten o número de persoas para atender e axudar ás dúbidas que xurdan.

Rafa Soliño, voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Cangas