MOCIÓN PARA O ARRANXO E MELLORA DA PISTA DE SKATE

No Concello de Cangas temos unha Pista de Skate, nun entorno espectacular como é a praia de Rodeira, unha pista rodeada dun espazo de lecer para familias, dende o que a sensación de desidia e abandono é evidente, resulta penoso ver unha pista que leva anos en estado calamitoso, debido a que ninguén se preocupou xamais de facer un mantenemento adecuado e de ter un control sobre os elementos que a configuran.

Estiveron pechadas (rodeadas de cinta policial) porque era un perigro para os rapaces que as usaban, xa que os buracos podían fagocitar a calquera que caise nos mesmos, pero pasa o tempo e este Goberno non amosa ningunha intención de reparar ou cambiar as rampas e os módulos, non existe ningún interés para que a nosa xuventude recupere un espazo que sempre estaba cheo, e que era un incentivo mais para facer outro tipo de deporte.

En febreiro de 2022, este Goberno tramitou unha solicitude para acadar unha subvención e construir unha pista de skate na Choupana, anunciaron a bombo e platillo esa obra, un ano despois, nada mais soubemos, pero o que sí sabemos, e que a pista que xa temos e que xa existe, segue sen estar en condicións, e entendemos que debemos cambiar esta dinámica de abandono de todas as infraestructuras deportivas deste Concello.

Neste momento no que parece que o Goberno atopou os cartos que antes non tiñan, xa que vemos cómo apareceu unha partida para os parques infatís, entendemos que é o momento de reclamar outra partida para recuperar esta pista de skate e devolver a nosa xuventude un espazo que se lles negou durante moito tempo

Por todo isto, presentamos as seguintes PROPOSTAS DE ACORDO:

– O Pleno de Cangas insta ó Goberno Municipal a que dunha vez por todas habilite unha partida para o Arranxo e Mellora da Pista de Skate de Rodeira, devolvendo a ese entorno a actividade que se negou durante anos.

– O Pleno de Cangas insta ó Goberno Municipal a que se faga un mantenemento de todas as instalacións municipais para que os veciños non perdan nunca espazos por desidia dos políticos.

skate.park