SOTELO VISITA O PAVILLÓN DE RODEIRA E REÚNESE COS RESPONSABLES DO CLUB DE BALONCESTO DEFENSORES DO MORRAZO

O candidato á alcaldía pudo coñecer de primeira man as deficiencias do recinto entre as que destaca o mal estado da pista.

O líder e candidato do Partido Popular de Cangas José Enrique Sotelo continúa coa súa apretada axenda de contactos con colectivos, asociacións e entidades deportivas municipais para coñecer as súas necesidades e demandas así como trasladar as propostas e solucións recollidas no programa electoral da formación para as vindeiras eleccións municipais do 28- M. Nesta ocasión mantivo unha xuntanza cos responsables do club de baloncesto Defensores do Morrazo no pavillón de Rodeira no que ademais de coñecer as actividades desenvolvidas pola entidade deportiva pudo comprobrar as deficiencias que presenta o recinto na actualidade. O candidato á alcaldía trasladou o seu compromiso de atallar as máis urxentes como a renovación da pista de parqué que na actualidade encóntrase moi deteriorado o que afecta a seguridade dos propios usuarios. Outras das necesidades é a mellora da iluminación, a creación dun vestiario para árbitros así como melloras nos equipamentos que na actualidade son insuficientes para as actividades deportivas que se acollen nesta infraestructura deportiva.
“Son melloras necesarias e razoables nas que terán que implicarse tamén outras administracións xa que ademais é un espazo utilizado tamén polo alumnado di IES de Rodeira” comentou aos presentes. “Cangas é deporte e é por iso que no noso proxecto é unha área prioritaria. Temos o firme compromiso de rematar cos estes últimos anos de abandono e pasotismo do goberno local” rematou.

10 11 13