SOTELO SE COMPROMETE A RENOVAR O CÉSPEDE DO CAMPO DO CRUCEIRO DE HÍO

Dende o club levan tempo reclamando esa actuación ante o mal estado do campo de xogo.

O candidato do Partido Popular de Cangas José Enrique Sotelo visitou o campo de fútbol Javier Guimeráns e mantivo unha reunión coa directiva do F.C. Cruceiro de Hío acompañado por membros da candidatura. Durante a visita o líder popular pudo comprobar de primeira man as deficiencias que presenta actualmente a instalación así como coñecer as necesidades trasladadas por parte da entidade deportiva.
Entre os compromisos populares está a renovación do céspede que foi instalado fai 17 anos polo que se encontra moi deteriorado, circunstancia similar na que se encontran os campos dos outros dous equipos de fútbol da vila que tamén requiren dunha renovación. Sotelo destacou o apoio ao deporte como unha das liñas centrais do programa da formación. “O deporte é saúde. A labor social que realizan as entidades deportivas do noso concello é encomiable e o apoio e colaboración do Concello debe estar á altura”.

SanAmaro3