SOTELO APOSTA POR RECUPERAR A TITULARIDADE DA CAPELA DE SANTA MARTA

O candidato popular sinala como prioridade a mellora do bombeo da rede municipal de saneamento e finalizar cos vertidos dos últimos anos.

O Partido Popular de Cangas, co seu candidato á cabeza José Enrique Sotelo á cabeza, celebrou un encontro con representantes da asociación de veciños de Santa Marta para abordar os problemas e demandas dos residentes desta zona da parroquia de Darbo.

O líder popular comprometeu a traballar nunha solución para rematar cos problemas existentes respecto a 6tularidade da Capela de Santa Marta e o seu entorno. Tamén adquiriu o compromiso de rematar cos problemas existente nos bombeos da rede municipal de saneamento neste punto do concello no que se están vivindo vertidos periódicos polo seu mal funcionamento.

Ademais destos asuntos se falou das deficiencias no servizo de recollida do lixo e a falta de renovación e limpeza dos contedores, da necesidade de reordear o tráfico nalgúns puntos dentro do Plan de Tráfico e de Mobilidade, a situación de parálise absoluta da tramitación do PXOM que afectaba especialmente a esta zona establecendo as chamadas Áreas de Actuación Integrais e que suscitou gran controversia entre a veciñanza así como a necesidade de articular o mantemento e conservación dos viais municipais a través do Plan de Camiños específico para cada parroquia.

santa.marta1