NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AOS VECIÑ@S

Para o Partido Popular de Cangas é unha prioridade manter un liña de comunicación aberta e constante entre o seu grupo municipal e os veciñ@s de Cangas. Como aconteceu no resto de lexislaturas, a nosa formación vai a atender ao público tanto na Casa do Concello como na sede local da nosa formación. Para os interesados os días e horarios son os seguintes:

Casa do Concello: mércores de 10.30 a 12.30 horas. Atende José Enrique Sotelo.

venres de 10.30 horas a 12.30 horas. Atenden concelleir@s do grupo municipal.

Sede local:              venres de 18.00 a 20.00 horas. Atenden concelleir@s do grupo municipal.

Con esta iniciativa buscamos manter un canle máis de comunicación entre os nosos concelleir@s e a cidadanía que se suma aos nosos perfís nas redes sociais e a esta web co obxectivo de coñecer de primeira man os problemas de persoas e colectivos e poder contribuir coa proposta de solucións.