A CHOUPANA TERÁ OPERATIVO O SEU NOVO PARQUE INFANTIL EN QUINCE DÍAS

Xa foron instalados os primeiros equipos de xogos no lugar. Falta por instalar a pista polideportiva e o valado do espazo.

A contrucción do novo parque infantil na Choupana, no entorno da escola infantil Galiña Azul, chega a súa recta final. Estes últimos días xa foron instalados os primeiro aparatos de xogos infantís no lugar e en breve comezarase a contruir a pista polideportiva de 20×10 metros que será de herba sintética. A actuación, promovida polo goberno municipal, conta cun investimento de 114.000 euros consta do acondicionamiento do entorno con dotación de berarrúas, un aparcamento, melloras no alumeado e vallado de dúas áreas baldías coa intención de convertilas en leiras urbanas, algo demandado fai tempo por algúns veciños da zona. Tamén acondicionarase todo o espazo con pavimento de caucho e sinalizarase os diferentes xogos segundo as idades dos usuarios.

Las actividades lúdicas constarán dun tobogán, unha plataforma cuadrada y otra hexagonal, avión, platillo volante, cabeza de robocop e escaleiras, paneles de tres en raia, buracos, reloxo, tellado de casa e plataformas, cabaliños e columpios. O conxunto completarase con papeleiras, bancos e co vallado perimetral.