SOTELO SE COMPROMETE A RENOVAR O CÉSPEDE DO CAMPO DE SAN AMARO

O candidato popular visitou as instalacións do Rápido Bahía C.F. e mantivo unha reunión coa directiva da en;dade.

O candidato á alcaldía do Par9do Popular José Enrique Sotelo visitou o Campo de San Amaro para manter unha xuntanza coa directiva do Rápido Bahía C.F. e coñecer as deficiencias que presenta na actualidade esta instalación deportiva.

Os responsables da entidade trasladaron ao popular a necesidade urxente de renovar o céspede artificial do campo de xogo que foi dos primeiros en instalarse e que presenta un importante deterioro provocado polo desgaste propio do uso e o tempo trascurrido. Sotelo sinalou que no programa electoral do Partido Popular ven recollida esa demanda, que é compartida con outras entidades deportivas municipais. “Ao igual que foi cun goberno do Partido Popular fomos quen de levar a cabo melloras neste e noutros campos alá polo 2006 o volveremos a facer na próxima lexislatura” recalcou o líder popular tamén destacou o compromiso da candidatura que encabeza co deporte cangués, “temos o firme compromiso de apoiar as entidades deportivas do noso concello que realizan unha labor social, lúdica e educativa fundamental, especialmente coa mocidade e que no último ano tiveron que facer fronte a un importante incremento dos costes das súas actividades, sobre todo no relativo a enerxía” explicou, “polo que estableceremos diferentes vías para canalizar esa axuda de forma efectiva, que permita paliar esta situación” rematou.

SanAmaro3