SOTELO SE COMPROMETE EN SAN BLAS A URBANIZAR AS ESTRADAS PO-551 E A EP-1001

O candidato popular sinala a finalización dos últimos tramos pendentes da rede municipal de saneamento e abastecemento como actuación prioritaria. “Unha demanda veciñal histórica” destaca.

O PP aposta por crear a Concellería do Rural para mellorar os servizos e infraestructuras nas parroquias. “Pretendemos que sexa a voz das parroquias no goberno”.

O Partido Popular de Cangas continúa organizando encontros con asociacións de veciños sendo a quenda nesta ocasión a AA.VV. de San Blas na parroquia de Darbo. O candidato á alcaldía da formación José Enrique Sotelo, acompañado por outros membros da candidatura, falou cos representantes veciñais dos principais problemas desta zona da vila así como trasladou os seus compromisos para os próximos catro anos.

“Temos o firme compromiso de continuar coa urbanización e renovación de servizos da estrada provincial EP-1001 no tramo pendente dende A Boubeta-Magdalena. Esta actuación suporá unha mellora sustancial da seguridade viaria” destacou Sotelo a vez que recordou que foi na lexislatura 2011-2015 con él na alcaldía a última vez que se actuou sobre este vial urbanizando o tramo avenida de Lugo- A Boubeta. O popular tamén sinalou a urbanización da estrada autonómica PO-551 como outro proxecto pendente a executar dende o Alto da Portela ata a Magdalena. “É unha das dúas entradas principais a Cangas polo que soporta moito tráfico ao longo de todo ano polo que é perentorio actuar para mellorar a seguridade de vehículos e peóns” explicou.

A estos compromisos o candidato popular sumou a finalización dos úl6mos tramos pendentes da rede municipal de saneamento e abastecemento, “unha demandas histórica” dos residentes desta parte da parroquia así como a creación dunha Concellería do Rural que sexa a responsable de recoller e canalizar as demandas das zonas rurais do municipio. “Queremos que sexa a voz das parroquias no goberno e que sirva para rematar co abandono vivido nos últimos 8 anos” rematou.