SOLIÑO DESCARGA EN ABALO A “OBRIGA MORAL” DE RESOLVER O POBLEMA DO EDIFICIO DA RÚA NORIA

O edil popular lembra que foi no tempo da xestora presidida polo sr. Abalo cando se produxo a infracción urbanística.

O Partido Popular esixe ao goberno local que comece a traballar nunha solución ao problema dos veciños do edificio da rúa Noria sobre o que pende unha orden de xudicial de derribo. O popular Rafael Soliño, exconcelleiro de Urbanismo, sinala que o actual responsable da área no actual equipo de goberno é un dos responsables políticos do que está a acontecer polo que sostén, “ten a obriga moral de resolver este problema coa máxima dilixencia”. “O sr. Abalo estaba ao frente do goberno municipal en 1990, cando se abriron os expedientes e agora tamén ten a capacidade de reparalo a través da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)” explica.

O portavoz do PP reitra que o veterano edil é responsable deste problema xunto co constructor, o notario e o rexistrador da propiedade, é decir, todos os axentes que interviron no proceso. “Todos eles meteron a pata e Abalo debe poner todo da súa parte para reparar o problema, que para iso está no poder”, reclama Soliño, que ofrece “toda a colaboración do PP” para lograr ese obxectivo.

Los populares teñen claro que o PXOM é a ferramenta máis axaitada para poñer fin a situación irregular do imnoble, dándolle a cobertura legal que precisa, rematando coa ameaza de derribo. “É lamentable que ao señor Abalo lle temble o pulso cada vez que ten que resolver os problemas dos cidadáns” afirma, “só sabe tirar a pedra e agochar a man, como leva facendo 35 anos” como edil. “Xa pasou do tema cando era edil de Urbanismo no goberno tripartito que presidía Clara Millán, e o mesmo fixo no 2011 cando o Partido Popular tratou de resolver este asunto e ACE se abstuvo no Pleno” relata, “Mariano siempre fui e segue siendo o tapón para o urbanismo de Cangas” remata.